martes, 10 de enero de 2012

Interior do encofrado da viga de atado



Esta foto tamén pertence á serie anterior (unha e dúas), na que podemos ver a viga de atado polo interior, coas gravatas a modo de tirantes para soportar o empuxe que se produce tras verter o formigón.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Encofrado de viga de atado


Completando a foto do martes pasado, aquí podemos ver como se encofra unha viga de atado, cuns elementos aos que tradicionalmente se lles chama "gravatas".

martes, 13 de diciembre de 2011

Encofrado de zapata


Ecofrado dunha zapata no que se poden apreciar uns tirantes que evitarán que as paredes do encofrado abran cando se verta o formigón.

martes, 29 de noviembre de 2011

Area do mar


Antigamente empregábase a area do mar para facer formigón, porque era máis barata. O problema desta práctica é que, ademais de deteriorar as praias, as armaduras sofren unha corrosión moi alta debido aos minerais que estas levan, polo que, chegado un momento, decidiuse prohibir o seu uso.
Este é un formigón antigo no que podemos ver que si está feito con area de mar xa que, se nos fixamos, pódese ver perfectamente unha cuncha formando parte del.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Formigoneira


Formigoneira con protector para a coroa dentada.

jueves, 17 de noviembre de 2011

Cheminea


Cheminea de cachotaría da lareira.

@ Castro (Palas de Rei)

martes, 15 de noviembre de 2011

Pasarela


Estrutura metálica que conta cun tirante que lle aporta un apoio central á pasarela.

@ ETS Arquitectura